mércores, 6 de novembro de 2013

CATALINA II DE RUSIA, A GRANDE.- Para coñecer un pouco mellor a historia de Rusia do século XVIII é imprescindible coñecer a biografía de esta muller. Natural dun condado da antiga Prusia foi elexida pola emperatriz Isabel de Rusia para casamento con Pedro, nomeado sucesor de Isabel, si ben non chegaron a consumar o matrimonio de conveniencia. Durante seu mandato Rusia tuvo unha gran expansión e ela sempre quixo que no exterior, aquelas grandes potencias do século (Francia, Austria, Gran Bretaña ou Prusia) tuveran un concepto de ela como persoa culta, aberta e liberal, ainda que no interior practicaba sua política con man de ferro. Estou lendo sua biografía, un tocho de mais de 2.000 páxinas, escrito por Robert Massie, moi ameno, cheo de anécdotas, e polo tanto recomendable.


Ningún comentario:

Publicar un comentario