xoves, 11 de decembro de 2014

COCIDO GALEGO.- Non hai comida como ela, variada, e acompañada cun bo tinto ribeiro, pódese estar comendo toda a tarde. Teñen moita sona os cocidos de Lalín (nesta vila celébrase unha semana antes do antroido a Festa do Cocido), na Estrada, pero si algún ten que recibir un premio especial é o cocido do Pepucho, en Pazo Lalón, Gomariz (Legro, Ourense), que ainda un pouco caro merece a pena cada euro gastado. Este concretamente foi no Don Paco, unha cervexaría readaptada de Estrella Galicia, e non tiña nada que envidiar a os mais famosos, rematando coa sobremesa unhas filloas brancas e tamén uns chupitos de augardentes e licores. Si a todo elo engadimos unha boa compaña e unha conversación amena, a comida alcanza os máximos niveis.





Ningún comentario:

Publicar un comentario