Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 16 de febreiro de 2015
ANTROIDO.- Estamos celebrando o Antroido ou Entroido ou Carnaval e aquí na Galicia é identificativa a vestimenta dos peliqueiros de Laza ou cigarróns de Verín, mas desde fai uns anos outros grupos foron xurdindo con forza como as pantallas de Xinzo de Limia, os felos de Maceda, os troteiros de Bande, os charrúas de Allariz, etc. Sen esquecer o auxe de carnavais ancestrais como o de Covelo-Melón ou Cartelle, que teñen unha persoalidade siñificativa, tamén na capital e nas vilas ourensás foméntase o desfile de carrozas e grupos, con premios en metálico ós mellores.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario