sábado, 7 de setembro de 2013

ELVIS PRESLEY.- The king. Hoxe despertei coa canción "You like an angel" na miña cabeza, sen saber por qué, pois ten algunhas que me gustan mais como "in the guetho", "suspicious minds", "love me tender", "don´t be cruel", "jailhouse rock", "heartbroke hotel", etc. En agosto fixo 36 anos da sua morte, e valeume este pensamento pra repasar un pouco todo o seu legado. En youtube están todas suas cancións e incluso moitos vídeos, e tamén pode visitarse sua web oficial. Quede pois esta lembranza para o rei, inigualable, mítico e inmortal. As duas fotos que aporto perteñecen a duas etapas ben diferenciadas da sua vida, a primeira, cando era actor de películas inesquecibeis como "Viva Las Vegas" ou "King Creole", e a segunda na sua época de decadencia, marcada polo servicio militar, a morte de sua nai, seu divorcio de Priscilla e, sobre todo, sua adicción ás drogas e o alcohol.




Ningún comentario:

Publicar un comentario