venres, 20 de setembro de 2013

FESTAS DO SAN CIBRÁN.- Tódolos anos entre o 14 e o 19 de setembro celébranse no Carballiño as festas patronais, para as que se garda un dia festivo local. Este ano, coa crise, non houbo ningunha grande atracción, concerto ou presencia de algún artista que chamara á participación, simplemente unha orquestra diaria para facer verbea na praza maior e as clásicas barracas na Avenida do Balneario, miña rua. Dende o dia 9 permaneceu atrancada, 12 dias, e fai varios anos que a historia se repite, amén de non poder circular cos coches, o ruido das atraccións, barco vikingo, etc dura os principais dias até altas horas, convertindo o lugar nun inferno pra quen ten que traballar. Parece que o alcalde do PP prometeu mudar de sitio para o vindeiro ano.



Ningún comentario:

Publicar un comentario