Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 19 de decembro de 2013
MEMORIA HISTORICA.- Lévanse escrito moitos, innumerabeis artigos de prensa, reportaxes nos medios de comunicación, e sobor de todo accións políticas e xudiciais tendentes a esclarecer a morte de moita xente durante o franquismo. De sobra coñecida a condena ó xuiz da Audiencia nacional española Baltasar Garzón por iniciar un procedemento xudicial da memoria histórica, que serviu pra sacalo da carreira xudicial. Tamén na actualidade o proceso das autoridás xudiciais argentinas sobre os elementos torturadores da policía franquista, tipo Billy el Niño e Jesús Muñecas, por quen o goberno español autorizou a extradición pra ser xulgados no país latino. Ven a conto porque fai uns días descubrín no monte do Castro, en Vigo, esta placa fotografiada, que demostra que o pobo pode perdonar mais non esquece seis familiares e amigos perdidos en aqueles "paseos". Unha auténtica vergoña criminal nun país que ágora chámase democrático e non permite investigar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario