luns, 23 de decembro de 2013

NADAL.- Non é o famoso xogador de tenis, é o noso Nadal, o galego, este Nadal sen premios da lotería, sen traballo, con moita emigración, familias sen calefacción por non chegar a fin de mes e, tamén, por desgraza, con xente cada vez mais rica. Son as desigualdás de esta nosa sociedade. Polo que a min respeita sinto moita desazón pensando que o ano pasado estiven no Brasil, disfrutando vinte días maravillosos , con sol e praia, e este ano toca soedade e frío. Calquera estaría fundido, deprimido, mas temos que tirar pra adiante e esperar algún día repetir aquel natal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario