martes, 11 de febreiro de 2014

ROSALIA.-Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, fidalga solteira vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai.Non se pode probar en que fogar (ou fogares) viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada, sen precisar datas, polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira). Consta que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón. Rúa Sol, 4 (hoxe Xoán Rodríguez).Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854 protagoniza “Rosamunda”, de Gil y Zárate, no Liceo de la Juventud de Santiago. De 1855 a 1856 reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud. En abril de 1856 viaxa a Madrid. Alí residirá na casa da súa tía María de Castro. Alí escribirá, en 1857, o seu primeiro libro: o poemario “La Flor” no xornal La Iberia, que suscita unha benévola reseña de Murguía. Precisamente, o 10 de outubro de 1858 casa con Manuel Murguía na igrexa de San Ildefonso de Madrid.Ao ano seguinte publica a súa primeira novela, “La hija del mar”, e ese ano tamén nace en Santiago a súa primeira filla, Alejandra, quen é apadriñada polo político Alejandro Chao.No ano 1861 escribe o seu primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes”. Ese ano tamén escribe a súa segunda novela: “Flavio”. Dous anos máis tarde trasládase a Santiago, e publica o libro “A mi madre”, dedicado á súa nai falecida en 1862. Ese ano tamén publica o seu primeiro libro en lingua galega, “Cantares gallegos”. En 1866 publica a novela “Ruinas”, por entrega en El Museo Universal de Madrid. A este libro seguiríalle “El Caballero de las botas azules”, de 1867.En 1868 nace a súa segunda filla, Aura, tamén en Santiago. A ela séguenlle os xemelgos Gala e Ovidio, nacidos no Pazo da Hermida en 1871. Ese ano trasladarase á Coruña, onde reside con Murguía ata 1874.No ano 1872 publícase a segunda edición de Cantares Gallegos, que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía. Ó ano seguinte nace na Coruña a súa filla Amara. En 1875 nace en Santiago o seu fillo Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois. A desgraza volve a Rosalía 2 anos despois coa súa filla Valentina, quen naceu morta.En 1880 publícase en Madrid o seu segundo libro en galego, “Follas Novas” precedidos dun prólogo de Emilio Castelar. Nos anos seguintes publicará artigos coma “Padrón y las inundaciones” e “Costumbres gallegas”, ademais dun número considerable de poemas casteláns e o libro “El primer loco”. Nestes anos alterna a súa residencia entre Santiago e Lestrove. Polo menos dende 1883 vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, se sitúa a Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación. En 1884 publica “En las orillas del Sar”. O ano seguinte finará aos 48 anos de idade, a consecuencia dun cancro de útero. O seu corpo é soterrado (segundo os seus desexos) no cemiterio de Adina, en Iria Flavia (Padrón), pero será trasladado solemnemente en 1891 a Santiago. Alí foi sepultado no mausoleo creado polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres. Detenmte

Detente un punto, pensamiento inquieto;
la victoria te espera,
el amor y la gloria te sonríen.
Nada de esto te halaga ni encadena?
Dejadme solo y olvidado y libre;
quiero errante vagar en las tinieblas;
mi ilusión más querida
sólo allí dulce y sin rubor me besa.

(En las orillas del Sar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario