Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
venres, 17 de xaneiro de 2014
SALVADOR DALI.- Cúmplese neste 2014 o 25 aniversario do paramento deste xenial pintor catalán, nado en Figueres en 1904, onde tamén morreu en 1989, ademáis de coñecido pola sua pintura cubista, surrealista e onírica, debe ser tamén coñecido polas suas ideas revolucionarias, afirmando cando xoven que España era unha merda. Estudante de belas artes na Escola madrileña de San Fernando, e residente na célebre Residencia de Estudiantes, coincidiu con ilustres persoeiros como Federico García Lorca ou Luis Buñuel, entre os mais coñecidos, cos cais intimou. Sua orixinalidade tanto polo seu xeito de vestir, con capa, longas melenas, e sua pintura pronto chamaron a atención na escola. Na obra de Ian Gibson que estou lendo (Dalí joven, Dalí genial) sobre sua xenialidade de xoven se afirma que o mellor da sua obra está na primeira etapa. Sua inspiración baséase segundo moitos críticos de arte na propria sexualidade e a maioría das figuras plasmadas nos seus cadros teñen relación co sexo e a figura femenina, principalmente tetas e cus.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario