Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
domingo, 6 de xullo de 2014
FIFA WORLD CUP 2014 BRASIL.- Ao marxe da contestación nas ruas da xente que opina que os gastos fastuosos levados a cabo pra construir uns estadios á medida da marca Fifa, tiñan que enviarse a sanidade e educación, así como a transporte público, tres fallas deste gran país en desenrolo, amáis da inseguridade cidadá, teño que deixar apuntada duas observacións que me parecen importantes, por unha banda o fanatismo patriótico de todo o país de redor dunha seleçao símbolo da unidade dos estados tan diferentes que ten Brasil, mezclado co papanatismo relixioso latente en todas as capas da povoación, afectando principalmente ás mais baixas. E por outra banda a presenza nos afeccionados nos estadios dunha maioría de rostros pálidos, o que mostra que o racismo está dentro da sociedade, desgraciadamente. Apenas algún black man/woman como excepción. Unha auténtica pena, pais sen futuro digno.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario