luns, 7 de xullo de 2014

TROITAS.- Este ano voltou a febre pola pesca de troitas á cucharilla e excepto tres dias que fun ó rio do Irixo a tres diferentes tramos e cun resultado desastroso, sempre aproveito a proximidade do tramo libre do Rio Arenteiro entre Godás do Rio e a Ponterriza para ir despoixa de xantar e aproveitar pra andar, polo que mato dous páxaros cun mesmo tiro. Con esta actividade xa puden facerlle un xantar a Chicho e Mariví, e regalarlles troitas a Carlos e Miras, ademais de comer eu todas as semanas, o último día este último xoves 3 de xullo. E onte asistín a un espectdáculo fantástico precisamente debaixo da ponte na Ponterriza, unha eclosión natural de troitas, que parecían un enxame de abellas, co cal podemos dicer que o futuro do rio está asegurado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario