luns, 15 de setembro de 2014

NEGOCIO.- Arredor da Rodoviaria de Goiania existe un gran negocio mercantil de textil que atrae xente de outros estados, principalmente os fines de semana, moitos dos cais pernoctan no Hotel Fortaleza, onde eu estaba. Para levar as compras, principalmente de roupa feminina, a xente utiliza estos carriños e despois grandes bolsas que empaquetan para viajar. Un dos fins de semana incluso viñeron nun autobús que permaneceu tres días aparcado fronte o hotel. Eu falei con algunha de aquelas mulleres, de Vilavelha, Espíritu Santo. Este espazo de pequenas tensas e galerías comerciáis coñécese como "camelódromo". Outra característica deste mercadiño de roupas é que comeza moi cedo, as 5,30 ou 6 da mañán, porque as 8 teñen que levantalo, xa que chegan os gardas para cobrar impostos. Eu saia a dar unha camiñada as 7,30 en pleno auxe do comercio, ocupando a mitade da rua e as beirarruas, e cando voltaba xa estaba todo desmontado. Outra cousa son os maniquies, que andan dun lado pra outro, dentro dos coches, nas bacas e incluso en motos ou a pe.








Ningún comentario:

Publicar un comentario