Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
sábado, 27 de setembro de 2014
FE RELIXIOSA.- Ao longo das miñas viaxes polo Brasil teño constatado o poder da igrexa sobor de todo nas capas mais humildes da poboación, mais nesta última puden comprobar o intre da bendeción do xantar, a familia e amigos reunidos en torno a unha mesa con alimentos e o "padre" ou "hermano" da secta relixiosa correspondente, non lembro si baptista ou evanxelista, botaba un discurso longo de agradecemento a Deus, como si fora éste quen traballara para facer o almorzo ou comprar as viandas. Despois de tanta palabrería vemos cómo é un país cun dos mais altos índices de delincuencia, de pobreza, de prostitución e de corrupción. De qué sirve tanto agradecer a Deus? Nunca entenderei a esas xentes humildes e pobres abrazando fanáticamente a relixión, por unha cara, e pola outra, facendo todo o contrario. Dende logo aos políticos corruptos váille ben con tanta igrexa, para que a xente non se subleve.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario