mércores, 22 de outubro de 2014

CORPO HUMÁN.- Cada vez estou mais asombrado coa perfección do noso corpo, mais agora despois de ter sofrido un esguince de tobillo. Basta mirar a estructura ósea e muscular do noso pe, pra adivinar a multitude de pequenos osos e músculos interrelacionados, dende a punta dos dedos até o talón e no principio da perna, onde conflúen tibia e peroné. Voltar a colocar todos eses osos e músculos no seu lugar pra que fagan suas respectivas funcións é o labor da rehabilitación, que comeza con pequenas sesiós de contraste en auga quente e fría e remata con corrientes e exercicios rotatorios. Unha rehabilitación lenta e dolorosa, pero necesaria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario