xoves, 9 de outubro de 2014

OSCAR WILDE.- Este irlandés (de aquela Irlanda perteñecía a Great Britain) poeta, dramaturgo e novelista, autor de obras tan relevantes como O Retrado de Dorian Gray ou A Importancia de Chamarse Ernesto, teve unha vida marcada polo infortunio, cando por azares do destino foi acusado de homosexual por un importante empresario, perdeu unha querela porque os defensores do acusador poideron probar a excusa accusatio, e foi condeado a dous anos de cadea. Durante este período escribeu sua derradeira obra Balada na cárcel de Reading, un poema que estou lendo tanto en english como traducido ó castelán. Despois de cumplir condena marchou pra Francia deixando sua familia en London. Morreu na indixencia o ano 1900 á idade de 46 anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario