luns, 13 de abril de 2015

CALDAS DE REIS.- Esta pequena cidade termal atravesada polo rio Umia é un grande espazo de beleza natural cunha fermosa carballeira e xardín botánico públicos no centro mesmo. A fonte das burgas(1881).A longa tradición das augas termais de Caldas de Reis, ven dende a época romana.Estas augas teñen unha composición que lle confiren propiedades curativas. Esta fonte, pertence á tipoloxía de "fontes de cano", constituidas por dous canos ornamentados con cabeza de León, situados á saída do manancial, cun nivel máis baixo para acadar maior presión. Etá localizada nun recinto cuns elementos ornamentais que lle dan un aspecto neoclásico, moi preto dela, está o lavadoiro de roupa, que se abastece do mesmo manancial de auga quente. Ou o Balneario, ó pé do rio Umia, a carón da ponte e frente do Concello.



Ningún comentario:

Publicar un comentario