mércores, 6 de maio de 2015

EDUARDO GALEANO. AS VEAS ABERTAS DE AMERICA LATINA.- Con motivo do pasamento deste gran pensador, decidínme a ler o seu libro mais laureado "Las venas abiertas de América Latina", onde fai un estudo do que supuxo a invasión europea (españoles, portugueses, ingleses, franceses, holandeses) para a configuración da pobreza nesa rexión, onde os habitantes indíxenas foron utilizados como escravos pra extraer os metais preciosos dos seus montes. A historia que nos ensinan aquí non ten nada a ver con aquela outra historia de avasallamento, linchamento, escravitude e poder inxusto. Dende os sucesivos reis, virreis, príncipes, condes, marqueses e demais persoeiros do exército e da curia ou da igrexa, todos contribuiron a destruir unha raza pola forza ou a traveso de enfermidades. É un gran libro pra contrastar as versiós históricas. Grande Galeano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario