Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 20 de xuño de 2013
PESSOA.- Este gande da literatura portuguesa e mundial, utilizaba heterónimos para mostrar unha personalidade definida e diferenciada nas suas obras. Un deles Alberto Caeiro, poeta, creou unha frase que fai reflexionar a calquera persoa: "eu son do tamaño do que vexo", para argumentar que nas aldeas vívese mellor que nas cidades, onde os grandes edificios cortan a visión do horizonte e as luces non deixan ver o firmamento. Non importa a altura das persoas, importa o que eles ven, seu horizonte, en todos os campos da vida e, por suposto, tamén no amor. Nestes intres que me atopo lendo o Livro do desassosego, de lectura difícil e de ideas metafísicas, o coñecemento deste heterónimo ofrece un remanso intelectual exquisito.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario