domingo, 23 de xuño de 2013

SAN XOÁN.- Hoxe é a noite de San Xoán, din que a noite mais pequena do ano, coincidindo cunha lua chea mais grande en 15 anos pola proximidade do sátelite na sua órbita. Para celebrar esta festa onte preparei un bon menú de primeiro empanada de chocos e de segundo sardiñas con cachelos e pementos, regado todo elo cun viño albarinho Reguendo de Melgaço, regalo de Valeriano de cando fumos celebrar meu aniversario e tomar unha augardente vellísima. Para hoxe gardei un guiso de lubina real, unha delicia auténtica, tamén seu prezo é real (22 €/kg.)





Ningún comentario:

Publicar un comentario