venres, 21 de xuño de 2013

PROTESTOS EM BRASIL.- O que comenzou polas protestas contra a subida do prezo dos transportes, acabou virando contra o sistema capitalista corrupto en que se ten convertido este enorme país, aproveitando de paso a presencia mediática extranxeira con motivo do campionato da Copa das Confederacións. Como recoñece este periódico da maior cidade de América os protestos se teñen espallado por todos os Estados do país e atinxen 13 capitais. Onte en Rio de Janeiro a manifestación contou coa participación de mais dun millón de persoas (300.000 segundo a policía). Lástima que estas manifestacións acaben sendo utilizadas por grupúsculos violentos e vandálicos que van destrozando todo o que atopan, sen importarlle nada mais que o seu propio gusto, como tamén pasa aquí. Deberían os organizadores aislar a estos elementos, que sempre levan mochilas onde gardan cócteles molotov, pedras e outros obxectos contundentes para romper cristais, incendiar contenedores de lixo, etc. Dende logo vexo esta reacción social como moi positiva, dada a situación na que se atopa unha gran maioría da población, sen recursos, morando na rua, sen sanidade, sen ningunha perspectiva de vida digna, mentras uns poucos enchen os seus bolsillos de xeito escandaloso. Adiante, forza Brasil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario