Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 15 de agosto de 2013
FACHAS.- Estamos asistindo a unha serie de noticias que instan á preocupación, o alcalde de Baralla (Lugo) manifestou que a xente que foi morta na posguerra era porque o merecía, este da foto secretario das xuventudes do PP en Xátiva facendo o saludo nazi, uns cantos de novas xeneracións do PP se enfrentan e rien de preferentistas estafados por Bankia, o secretario de novas xeneracións de Barcelona pide prohibir os partidos nacionalistas. Son so catro exemplos, catro en distintas partes do estado español, que abogan por os métidos da españa unha grande e libre, pero que estimo son somente o aguillón do becho podre que lles respalda e están creciditos porque a política do seu partido vailles perfecta. Terán unha boa preparación e conseguirán un bo emprego pra seguir desfazendo as políticas socias igualitarias. Así nos vai, cada vez teño mais vontade de fuxir deste asqueroso país.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario