luns, 19 de agosto de 2013

JAMAICA.- Acabaron os mundiais de atletismo de Moscú 2013 e o medallero foi encabezado por Rusia con 7 ouros, Usa 6 e Jamaica 6. Estas medallas foron conseguidas por dous atletas da velocidade Usain Bolt e Shelly-Ann Fraser-Price, con tres ouros cadanseu. España conformouse con dous bronces no posto 31. Si temos en conta que Jamaica é unha illa con 2,8 millóns de habitantes e ten unha escola de velocistas tan extraordinaria so podemos pensar que para o éxito tan extraordinario ou se parte de unha xenética especial ou existe algún tipo de aditivo que polo de agora non foi descuberto polas autoridades sanitarias do atletismo. Cicáis dentro duns anos se nos diga que estas medallas foron acadadas con algunha trampa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario