domingo, 18 de agosto de 2013

XIBRALTAR.- Estamos vendo nestes dias aposición do governo español de un novo fato de agravio polo peñon de Xibraltar, servíndolle de cortina de fume sobre os casos de corrupción derivados do caso Bárcenas e os brotes fascistas no seo do partido governante. O paso polos xulgados dos máximos dirixentes, a sua falta de memoria e botar balóns fora queren ser tapados con unha nova ilegalidade das autoridades xibraltareñas, poñéndo cerco e dificultando o libre tránsito a esta roca. Facemos un pouco de historia reflexada nas fotografías e mapa. España perdeu Xibraltar en 1713 polo Tratado de Utrech que puxo fin á Guerra de Sucesión española, é dicer, para saber qué rei iba governar o estado español formouse unha guerra internacional. A coroa inglesa saiu vencedora nos seus apoios e recibiu a cambio entre outras cousas a Illa de Menorca e o Peñón de Xibraltar. Despois de anos de cambios de borbóns e austrias o exército español aproveitando que os ingleses estaban pelexando contra a independencia dos USA, e pensando sua debilidade, en 1773 lanzaron un bloqueo terrestre e marítimo da roca que rematou nun intento de asalto, ainda que pra aquela data os xibraltareños xa estaban provisionados e reforzados, concluindo cunha nova derrota española ainda que como os ingleses estaban en varios frentes aceptaron no Tratado de Versalles de 1779 a independencia americana (os trece estados de influencia inglesa) e a devolución a España entre outros territorios da Illa de Menorca, de Xibraltar nin se mencionou. Este pequeno istmo sirve políticamente os governos cando teñen algún problema para tratar de tapalo, nada mais. Unha vergoña. E despois non queremos o mesmo tratamento marroquíno de Ceuta e Melilla.




Ningún comentario:

Publicar un comentario