Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 28 de maio de 2013
FILLOS. Este par, Daniel e Oscar, xa están creciditos e da gosto ver cómo se desenvolven por si mesmos, sendo tan diferentes un do outro. En certos aspectos son iguais. Me chegarán a dar netos? Eu xa dubido, van cumplir 33 e 30 anos en uns meses e non parece que teñan ningunha relación seria e definitiva. Non se lles ve motivados por ningunha muller en concreto. Probablemente estén baixo os efectos da crisis económica e non queren ter sobresaltos, non se plantean tampouco ceder parte da sua propia liberdade en favor dunha compañeira. Antes non se pensaba, cando un namoraba e era correspondido o paso seguinte despois de ter un mínimo de condicións económicas para comezar una vida en común, era casarse. Agora os matrimonios demoran, se forman parellas de feito e unha convivencia longa para coñecerse ben antes de tomar a decisión de ter fillos. Nembargantes nunca está garantido o éxito nas relacións, sexan como sexan.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario