Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 30 de maio de 2013
PROTESTA.- Chama a atención esta forma de protestar en Túnez, en defensa dunha rapaza, Armina Tyler, que publicou unha foto sua en Twitter mostrando os peitoso. Túnez ainda é un estado de dereito en construcción e de seguido os sectores islamistas mais regresivos e conservadores cargaron contra a rapaza pedindo darlle latigazos e lapidala. Agora ten pendente un xuizo acusada primeiramente de intentar espirse en público e despois, como aquela acusación non é legal, se lle imputa portar un spray de autodefensa e estas tres mozas, ó parecer duas francesas e unha alemá do colectivo internacional FEMEN, se ispen diante das portas do tribunal en solidariedade coa moza tunecina. Paréceme unha forma de protesta moito mais atractiva, mediática e pacífica que ir rachando escaparates, farolas, contenedores e outras con actos vandálicos que o único que fan é ir contra a nosa propia carteira. E si por riba as mozas están de bo ver, mellor que mellor.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario