mércores, 29 de maio de 2013

IRMAOS. Os cinco magníficos, fai uns anos, non nos vemos moito, pero sabemos que estamos sempre que nos necesitamos. Casi as últimas reunións dos cinco coinciden con festas especiais ou con enterros. Cada quen polo seu lado, Chicho xa prexubilado, coas suas duas netas Cristina e Neila, e viaxando cando pode ó Carballiño; Carlos, en Ourense, cos seus problemas de traballo; Reis, en Pontevedra, apegada os seus fillos e neta Alma; e qué dicer do Tito, na sua residencia San Rafael en Vigo, cos achaques das rodillas, as cartas cuxo xogo só él coñece e resolve, suas ansias por comer e con sorte nas analíticas. Esta foto tomóuse un dia de moita ledicia pra min, pois era o casamento con Lia, fai sete anos. E aproveitando o entorno de Leiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario