xoves, 30 de maio de 2013

SUBMARINO.- Non é o yellow submarine que cantaban The Beatles, é o S-81 "Isaac Peral" que está a construirse nos asteleiros Navantia, en España. Segundo publican hoxe os meios de comunicación detectóuse un sobrepeso de entre 70 e 100 toneladas o cal vai facer retrasar a sua entrega en dous anos e procurar unha das duas solucións posibles: reducir peso ou aumentar eslora, so que cada metro de mais custa sete millóns de euros aparte do custe das solucións técnicas globais. Están construindo catro submarinos para a Armada española por un montante de 2.200 millóns de euros e agora vánse incrementar os custes. Este país desvaría, para qué se queren catro submarinos, contra quén van pelexar, contra os portugueses?, contra Francia, ou contra Marrocos?. Non sería mellor adicar eses cartos a escolas públicas, sanidade, etc., onde estánse a producir tantos recortes e que reducen á población a termos dos anos 70. Ver para creer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario