Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 20 de maio de 2014
PESCA.- Fai corenta anos que collín esta afección e fun trocando de estilo, comenzando pola pesca con miñoca e cana longa do que aprendín moito co Chicho do Peñasco e co Camilo Smit do Banesto; en segundo paso, fun aprendendo a pescar ó saltón e mosca, co meu maestre Julio Mantecas; despoís pasei á pesca da mosca con boia no que me ensinou Suso Cerviño, e finalmente a pesca con cucharilla, do que aprendin moito co Gallardo. Desgraciadamente estos tres fantásticos pescadores de troitas xa morreron. Fai uns anos andaba coa moral baixa e apenas ia pescar despois do primeiro día, sexa pola carencia de capturas e picadas, sexa porque metínme mais a traballar na finca de Leiro, o caso é que o ano pasado e éste estoume adicando mais e consigo bastantes capturas. Esta e unha mostra, claro que vounas conxelando pouco a pouco. E xa teño outra boa fonte.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario