martes, 20 de maio de 2014

SÖREN KIERKEGAARD.- Este filósofo e teólogo danés do século XIX (1813-1855) ten sua obra marcada por dous extremos: un amor que rexeitóu derivado da educación estoica dada polo seu pai, que o afectaría durante toda a vida, pensando que podría producirse un milagre que fora poñelo en bandexa, e sua aversión pola filosofía hegeliana, derivada do seu cristianismo. Esta obra "Temor e tremor" deriva da sua interpretación do pasaxe bíblico en que Abraham é obrigado por Deus a sacrificar seu fillo Isaac, abandoando seu poboado e sua familia, sua muller Sara, pra marchar tres dias de viaxe e chegar ó monte Moriah. Decir que parece ser entre os xudeos de entón existía o costume de sacrificar ó fillo primoxénito para ofrecerllo a Deus. O caso é que a Abraham doíalle tal sacrificio e cando estaba no monte disposto a cumplir o mandato divino, cruzóuse un carneiro e pensando que era unha mensaxe sacrificóuno en lugar do fillo. Kierkegaard pregúntase na obra: 1) Pode Deus alterar a orde ética establecida? (É dicer, ¿pode ser considerado "bo" o intento de Abraham de sacrificar seu fillo, dado que, a pesar que foi un mandato divino, o sacrificio human é éticamente inaceptable?) Existe unha obriga moral absoluta de cumplir coa palabra de Deus? É defendible dende un punto de vista ético que Abraham quixera esconder seu propósito a Sarah, Eleazar e Isaac?. A foto de abaixo é a portada orixinal do libro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario