martes, 20 de maio de 2014

SIÑAIS.- Seguro que a todos nos ten pasado algunha vez que por calquer motivo nos atopamos cunha sinal inexplicable que parece indicarnos algo, pero non o entendemos. Este sábado pasado cando viña de Vigo, de recoller a Tito, puden ver no ceo esta gran x formada pola estela de dous aviós que se cruzaron. Seguro que os nosos antepasados non puideron ollar unha sinal semellante até que comezou a aviación comercial no século XX, mais é posible que viran figuras formadas polas nubes e pensaran que eran mensaxes divinos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario