martes, 20 de maio de 2014

SHOWBIÑAS EXPERIENCE.- Este é o novo grupo musical de Daniel, que veu o sábado a dar un concerto ó café Jam Session de Ourense. Ante un auditorio escaso, probablemente pola hora (22,30) pois a xente normalmente está ceando, no que éramos maioría os familiares (Carlos, Lola, Carlos Juan, Pin e eu meso) e amigos (Carlos Jaro, muller e filo), asistimos a unha hora pasada de música ben coordinada e afinada, cun sonido moi equilibrado, ainda que para min, ó menos dende o meu sitio, a voz do cantante soaba moi baixiño e apenas lle entendía. Da a impresión que son bos músicos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario