martes, 3 de xuño de 2014

CAN CULLERETES.- O segundo restaurante mais antigo de España, despois do "Sobrino de Botín", de Madrid, que ten o récord mundial, este de Barcelona data de 1786, é dicer, tres anos antes da Revolución Francesa. Tiven a sorte de comer varias veces nel, pois queda nunha rua paralela á Rambla de Catalunya, perto da Generalitat. Guióume por primeira vez o meu amigo Demetrio González Martín, cando ia ás reunións do Consell Consultiu de Penyes. Moito recomendable e a un prezo razoable. Si queremos ir no dia, sen reserva, procuremos madrugar no horario, porque sempre está até o tope. Especializado en comida catalana e mediterránea, entre seus platos principais está o pica-pica de peixe e marisco, e uns deliciosos postres a base de chocolate.



Ningún comentario:

Publicar un comentario