martes, 3 de xuño de 2014

XOCONFA.- Fai casi vinte anos de aquela primeira reunión familiar con programa, que organizei na zona de Leiro, non podía faltar unha misa en lembranza dos familiares falecidos. O deseño da invitación é de Chicho. Teño fotos da festa mais ainda non están dixitalizadas. Houbo un posterior intento de organizar unha segunda xornada de convivencia familiar, que nunca se levou a cabo, porque comezamos a facer xantares familiares periódicos, aproveitando santos, reis ou calquer outro motivo, aproximadamente cada tres meses. Aquel intento de segunda xoconfa habría sido en Geres, Portugal, con traslado en ómnibus, e paradas en Celanova e Lobios. O xantar sería un bo bacalhau no Hotel Aguas das Termas e pola tarde un paseo no parque das termas, con posibilidade dunha volta en barca polo lago.


Ningún comentario:

Publicar un comentario