domingo, 29 de xuño de 2014

TUBE OF LONDON.- En Londres o metro chámanlle "tube" e tamén, en menor medida, "underground", ten unha rede de 11 diferentes líñas e é o mellor sistema de transporte público. Os tickets son variados, dependendo da zona (nove zonas), polo que un ticket pra zona 1-2 (central) non sirve na zona 6 (Heathrow) por poñer un exemplo. Antes podías facerte o tolo e achacar a un erro ou iñorancia, mais hoxe co sistema informatizado de control de tickets en que verifican a entrada e saída do tube fai imposible o erro, porque ó chegar a destino non abren as portas e tes que pagar a diferencia, o que nos pasou a Daniel e a min no aeroporto de Heathrow. Os tickets poden ser por viaxe (4,5 pounds, o que sae mais caro), diario (7,15 pounds) permite viaxar en metro e bus todo o dia dentro da zona correspondente, semanal, mensual (unhas 120 pounds) e anual. O sistema mais cómodo e barato é utilizar unha tarxeta "oyster" que se recarga como as telefónicas e avisa cando quedas sen saldo. Pódense comprar en cada estación.Salvo o ticket simple o resto pódense usar tanto en tube como en bus.




Ningún comentario:

Publicar un comentario