mércores, 25 de xuño de 2014

VENDA A PRAZOS.- Tanto en Brasil como en Portugal a venda de calquer producto ou ben a prazos anúnciase mediante o número de prazos cunha x que siñifica por, no caso da foto son dez prazos, polo que divídese o prezo por dez e obténse o importe de cada prazo. Ademáis s/juros quer dicer sen intereses, polo que non ten recargo a dilación temporal do pagamento. Fixéime principalmente en Barra do Garças cando estive alá, fai tres anos, e o venres pasado en Melgaço tirei a foto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario