Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 7 de xullo de 2015
BRIGHTON.- Cidade situada no sul de England, a hora e media de tren de Londres (estación St. Pancras International), é famosa pola cantidade de xente famosa que naceu nela. Por exemplo Sir. Winston Churchill, os escritores Graham Greene ou Rudyard Kipling, os músicos David Gilmour (Pink Floyd) e Leo Sayer, o tenista Fred Perry (o da marca do mesmo nome), ou as actrices Ida Lupino e Vivien Leigh (O que levouse o vento). É unha cidade duns 200.000 habitantes pero multiplica seu número no vran por ser as praias mais perto da urbe. Singularidade especial o seu Pier (muelle) con atraccións e xogos, restaurantes. As estreias calexas do centro histórico, cheas de comercios, xoieirías e restaurantes están cheas de xente, cheas de vida. O único pero é a area da praia, auténticos coios.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario