Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
xoves, 2 de xullo de 2015
MARIO BENEDETTI.- Este autor uruguayo falecido en Montevideo en 2009 ós 89 anos de idade, foi non so un "poeta do amor e do cotidiano" como foi definido polo seu biógrafo, senon que participou nos movimentos de unidade popular uruguayos dos anos 70, e até tivo que exiliarse no 1973 despois do golpe de estado, regresando dez anos despois ó seu país. A novela "La tregua" que estou lendo agora, relata a vida do protagonista, un viudo ó borde da cincuentena e da xubilación laboral, con tres fillos e un traballo administrativo que non lle satisface, salvo por compartir cunha empregada do que é xefe que acabará namorando con ele e que morre de repente dunha gripe. Esta novela deu lugar a unha película co mesmo nome que en 1975 foi nominada ós Premios Oscar á mellor película de fala non inglesa, galardón que recaeu no film Amarcord, obra maestra de F. Fellini. De Benedetti tamén son os versos que musicou Joan Manuel Serrat no seu disco "El Sur también existe".
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario