Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 28 de xullo de 2015
IGREXA DA VERACRUZ.- Esta igrexa proxectada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, famoso polos seus proxectos en Madrid (Palacio de Comunicaciós, Círculo de Belas Artes, Hospital de Xornaleiros) e tamén en Galicia (Templo Votivo de Panxón, Teatro García Barbón en Vigo, ou a casa consistorial do Porriño) e edificada polo mestre canteiro Adolfo Otero Landeiro, comezouse alá polo ano 1943 promovida polo párroco Evaristo Vaamondel, e abríuse ó culto en 1952. Como amalgama de estilos arquitectónicos e non arquitectónicos, houbo que acudir a varios arquitectos e enxeñeiros de Ourense pra rematala obra, pois non tiñan orzamento. O proxecto orixinal, segundo teño escoitado dicer, contemplaba unha ampla explanada diante da igrexa, que foi suprimida pola especulación urbanística que edificou algúns dos edificios mais altos do povo xusto frente a igrexa. Na fotografía de abaixo recóllese a sombra da torre da igrexa, facendo como un gran panel de materiais de construcción no que proxectar a sombra.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario