luns, 21 de decembro de 2015

MATANZA DO PORCO.- A tradición galega ven dándonos unha parte moi importante de comida anual coa matanza de este excelso animal, do que se aproveita absolutamente todo. Dende a cacheira até o rabo, pasando polos xamóns, lacóns, touciño, unto, etc. A sangue pra facer exquisitas filloas, segundo receita de Alvaro Cunqueiro. O solombo fresco, ou o lombo á prancha, e as vísceras, corazón, fígado e riles. E tamén especialmente os chourizos. De este porco de raza celta que pesou 127 kg xa limpo aprovéitaremos todo o seu corpo. Foi morto por un amigo Fran Cejudo perto da igrexa de Amarante, Touza, Maside.



Ningún comentario:

Publicar un comentario