Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 1 de decembro de 2015
ST ALBANS.- Este pequeno povo a unha media hora da estación de tren de St Pancras/King Cross é unha mostra de cómo os ingleses coidan o seu rural. Un casco vello conservado (teñen un Pub do ano 1400) que garda unha liña constructiva, unha catedral e varias igrexas mais modestas, e un parque enorme cun lago no centro cheo de patos, cisnes, ocas e outras aves. Un lugar idóneo pra dar un bo paseo, pese ó frío que facía durante a visita. E como era domingo fumos xantar a un Pub o clásico sunday roast.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)





Ningún comentario:
Publicar un comentario