martes, 1 de decembro de 2015

RENAULT 4L.- Tamén coñecido por "catro latas", este en color azul celeste foi o meu primeiro coche. Creo lembrar que costou 25.000 pesetas e comprárallo ó Charly. Compréino antes de ter carnet e xa fun practicando nel, tamén serviu pra que aprendera a conducir meu pai e finalmente o Carlos. Teño varias anécdotas del, un dia comezou a arder o cadro mentras iba a Ourense, outro dia decatéime dun burato no chasis que casi cabía un pé, en outra ocasión levávamos a dous amigos a Parga e quedou sen aceite, botamos toda a noite de gasoliñeira en gasoliñeira botándolle aceite pra chegar ó Carballiño. Pero levábame a Ourense, Vigo ou onde fixera falla.



Ningún comentario:

Publicar un comentario