martes, 11 de marzo de 2014

DESFEITA URBANÍSTICA.- A modo de exemplo do fracaso urbanístico galego, tanto na costa como nas cidades e povos do interior, no rural, vai esta fotografía da illa de Toralla, con ese mamotreto que afea toda a ria de Vigo, e é visible dende calquer punto. Cál sería o coste en aquelas épocas oscuras e as comisións ó alcalde de turno. En outra ocasión vou profundar sobre este mal endémico, que con gran silencio sofremos no Carballiño, deixando unha cidade armónica, agradable pra vivir e visitar, convertida nunha cidade esperpéntica.


Ningún comentario:

Publicar un comentario