Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
martes, 11 de marzo de 2014
POLO CON ARROZ.- Despois de varios intentos, por fin conseguín un polo con arroz "perfecto", extraordinario, do nivel que fai Carlos, o da Tajá, e con poucos ingredientes: o polo, o arroz, aceite, sal, prixel, cebola e allo. Un caldo feito cunha pastilla de avecrem e unha pementa do cheiro. O éxito débese, en primeiro lugar, a freir o polo, salgado, cortado en anacos pequenos; unha vez ben fritido, sacamos pra unha fonte e botamos a cebola, o allo, o prixel e a pementa do cheiro, baixando o lume pra evitar que se pase, debendo quedar frito pero branco. Retiramos casi todo aceite e botamos o arroz para freir xunto coas verduras co resto de aceite que deixamos, uns 5 minutos, engadimos os trozos de polo, o caldo feito e si non chega botamos mais auga, e se deixa facendo a fogo lento uns 15 minutos, engadindo un pouco de sal. Apagamos e deixamos repousar tapando a panela cun pano, outros 5 minutos. Fantástico.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario