martes, 11 de marzo de 2014

PRIMAVEIRA.- Ainda que oficialmente non comeza até o 21 de marzo, nótase no ambiente a saída do inverno, os derradeiros coletazos poden dar algún que outro día malo, mais a maioría parece que xa será bon tempo. E nótase tanto nas flores das arbres canto nas praias, con gran cantidade de xente ateigando a area. Esto tamén lembra que está a piques de escomenzar a tempada de pesca e teño que ir preparando a caña e carrete, repoñer sedal e cucharillas, pra estar a punto. A foto colle a praia do Bao, perto de Vigo, está tomada dende a ponte que vai á illa de Toralla.


Ningún comentario:

Publicar un comentario