luns, 17 de marzo de 2014

FORTH BRIDGE.- Agora que somente faltan sete meses para que se celebre o referéndum sobor da independencia de Escocia, é oportuno traer a este blog un dos monumentos mais importantes, en canto obra civil do futuro Estado: The forth bridge, tamén chamado forth rail bridge, pra diferencialo do forth road bridge, porque un é pra trens e o outro pra vehículos, formando parte das comunicacións entre a capital Edimburgo, da que está a 14 km., e a pequena cidade de Fife. Non vou decir nada canto á obra de enxeñería, pero debemos ter en conta que foi feito no século XIX. Vin esta ponte nun documental sobor Escocia da TV e quedei prendado, con moitas gañas de coñecer o lugar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario