venres, 7 de marzo de 2014

POZAS DE MELON E FERVENZAS DE TOURON.- O rio Cerves nace na serra de Avión, mide 16 km. até sua foz no rio Miño, distancia na que descende de un nivel de 1.000 metros, polo que seu percorrido está cheo de fervenzas e pozas, afluentes e torrentes cando chove moito. As fervenzas de Tourón no curso alto do rio son alucinantes, porque existen tres consecutivas de mais de 20 metros de altura. As pozas de Melón están no curso baixo, e parten da antiga carretera de Ourense a Vigo, xusto onde hoxe se entra na autovía das rias baixas. Por a marxe esquerda do rio, subindo, existe un bo camiño pra facer senderismo, e ó chegar ás Mestas cóllese á dereita até as fervenzas de Tourón. En total son uns 4 kms. de percorrido, inesquecibel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario