Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
mércores, 19 de marzo de 2014
DIA DO PAI.- Ninguén sabe o siñificado de ter fillos até que os tén. Hoxe, cando os meus xa son maduros (din que pra os pais, sempre son nenos) e transitan pola vida de xeito independente, con relativo éxito personal e profesional, é un motivo de orgullo de pai botala vista atrás e lembrar todos os pasos que se deron até chegar aquí, superando innúmeras dificultás, botando imaxinación, sempre coa finalidade de darlles unha boa educación e un exemplo non moi distorsionador e de respeito tanto das persoas como da natureza. Ver hoxe a Daniel agobiado polo seu traballo e saindo adiante con esforzo, é moi agradable, e Oscar co seu traballo e xa no seu novo piso de Londres, cheo de luz e un toque femenino, dan gañas enormes de pisar nel e disfrutar da sua compaña. Os fillos son todo na vida. Non concibo esos seres que os maltratan, os venden e incluso os matan. Non son humáns.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario