venres, 14 de marzo de 2014

DIOR HOMME.- Desde logo é certo o refrán "nunca te acostarás sin saber una cosa más". Hoxe chégame por email un novo newsletter da casa Dior no que aparece, entre outro moitos productos, a colonia que uso eu. E profundizando un pouco no tema entérome do que está feita nunha auténtica cata olfativa: Baséase en tres nota , 1) nota de corazón, coa planta Iris da Toscana, para cuxo proceso de extracción, longo e delicado, fai falla tratar o rizoma, que debe secarse durante tres anos como mínimo. Seu cheiro con acordes empolvados, despega seus verdes acentos amaderados, evocando un cheiro tranquilizador de pan quente; 2) unha nota de fondo marcada pola Vetiver de Haití, planta vivaz cucas raíces conteñen os principios odoríferos. Seu aceite esencial obténse mediante destilación con vapor de auga ; 3) Unha nota de saida, co Gardamomo de Guatemala, planta que destilada tamén con vapor de auga coordinase maravillosamente coas fraganzas masculinas a base de notas amaneradas. É o frescor de saída. Xa sabemos un pouquiño mais de cómo se fai unha coloña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario