venres, 26 de xullo de 2013

ACCIDENTE DE SANTIAGO.- O dia 24 de xullo de 3013 quedará marcado pola traxedia do tren Alvia de mediana velocidade, chegando a Santiago de Compostela, na que segundo parece unha imprudencia do maquinista do convoy provocou 80 mortos, até o de agora, e mais de 100 feridos, 35 dos cales están en estado crítico. Ao marxe da desgracia para os falecidos e suas familias e amigos, compre destacar a inmediata resposta da cidadanía galega, en particular os veciños de mais perto ó lugar do accidente, Angrois, que racharon a alambrada da via e tamén algúns dos cristais do tren para poder socorrer ós feridos e retirar os mortos, así como os miles de galegos que foron inmediatamente en resposta á chamada de necesidade de doazón de sangue, a todos os hospitais de Galicia. Tamén merecen especial atención os médicos que se prestaron ó traballo pese a estar de vacacións e a bombeiros que estaban de folga. Unha catástrofe para amosar ó mundo o luxo de xente que é a galega. Lástima que á hora das votacións non exista esta mentalidade e repitan até a saciedade os mesmos caciques.



Ningún comentario:

Publicar un comentario