Neste blog pretendo deixar minhas impresións sobor de diversos fatos, actitudes, paisaxes e desexos.
luns, 22 de xullo de 2013
MILI.- En este edificio, antiguo cuartel de infantería da BRILAT, cuxas iniciais non sei qué siñifican, jejeje, pasei o ano 1973, menos o tempo dos permisos e licencias, así como caseque todos os fins de semana que viaxaba a O Carballiño. Aquí estuve enfermo o fin de ano do 1972, fixen cinco dias de cociña castigado por non facer unha imaginaria un fin de semana que fora a casa e deixara encargada a un paleto que se esqueceu, jajaja. Tamén fixen unha guardia e unha noite de reforzo. Tuven unha generala cada trimestre, que non sei pra que valía. E finalmente tiven medo de non licenciarme na hora como consecuencia do atentado de ETA ó vicepresidente do governo franquista Almirante Carrero Blanco o 23 de decembro de 1973, a nove dias da miña licenciatura. Houbo sustos grandes, como un accidente de avión que tentaba aterrar no aeroporto de Alvedro, e pequenos detalles que se lembran con certa satisfacción, dentro do xeral concepto de perda do tempo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario